Asociación Unha Gran Burla Negra: "En 'Arquivos do trasno' queremos reivindicar a capacidade da cidadanía para xerar arquivos democráticos"
Publicado o 19/11/2020 17:46
Entrevistamos a María Bella e Daniel L. Abel, organizadores das Xornadas Os favoritos do trasno, un encontro arredor dos arquivos cidadáns.
Arquivos performados, da mancomún, do imaxinario, abertos e outro tipo de experiencias vertebran as xornadas en que se compartirán espazos, proxectos e experiencias sobre as relacións entre democracia, acceso ao saber e os arquivos.