CRTVG

Buscar

Asistimos á preestrea de 'O Sabor das Margaridas', a nova serie da TVG

Publicado o 01/10/2018 22:59

Este mércores comeza a emitirse na Televisión de Galicia 'O sabor das margaridas', un intenso thriller policial cheo de vinganza e misterio. A serie preestrouse esta tarde en Santiago.

O auditorio Abanca de Santiago acolleu a preestrea desta serie que poderán ver a partir de agora na Galega na noite dos mércores. No acto citouse todo o equipo técnico e artístico, entre eles moitas caras coñecidas da TVG, representantes do sector audiovisual galego e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

Hai vilas nas que parece que nunca pasa nada. Ata que desaparece unha moza e unha axente decide investigar. Entón comezan a saír á luz segredos, chantaxes. E descubrimos que nada e ninguén son o que parecen.

Esta nova serie de Televisión de Galicia "O Sabor das Margaridas" está dirixida por Miguel Conde e  protagonizada por María Mera, Nerea Barros, Ricardo de Barreiro e Tony Salgado. Serán un total de seis episodios rodados en Abegondo, A Estrada, Vedra, Santiago e Teo. "O Sabor das Margaridas" estréase este mércores na Televisión de Galicia.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2018