Asisten unha veciña de Salceda de Caselas por mor dun incendio nun alpendre
Publicado o 08/09/2020 14:26
Unha veciña de Salceda de Caselas tivo que recibir asistencia médica por causa dun incendio nun alpendre da súa propiedade.
A muller foi trasladada a un centro de saúde debido a unha crise nerviosa. O incendio produciuse no lugar da Revolta. Ata alí se trasladaron os Bombeiros do Baixo Miño e de Ponteareas, que tiveron que facer fronte a un incendio moi virulento. As lapas arrasaron por completo o alpendre, no que había un vehículo e diversos apeiros de labranza, que tamén quedaron calcinados.