CRTVG

Buscar

Asínase esta mañá en Bruxelas a regulación dos fondos de recuperación

Publicado o 12/02/2021 15:10
Asínase esta mañá en Bruxelas a regulación dos fondos de recuperación

En canto aos fondos de recuperación, a Unión Europea pídelles aos 27 países membros axilidade para que empecen a chegar os cartos a comezos deste verán.

Esta mañá asinouse en Bruxelas a regulación deste mecanismo para a reconstrución que canalizará máis de 670.000 millóns de euros en total. Eses cartos sairán dunha emisión de débeda conxunta sen precedentes.

Pero, para facela, a Comisión precisa antes que se ratifique nos parlamentos nacionais dos 27 países. Por iso, dende Bruxelas piden axilidade, tanto para este trámite como na presentación dos plans de cada estado, porque o seu obxectivo é empezar a distribuír os fondos a inicio do verán.