CRTVG

Buscar

Os traballadores das ambulancias votan se aceptan ou non o novo preacordo

Publicado o 02/04/2019 20:53

Os traballadores das ambulancias votan se aceptan o preacordo sobre o novo convenio colectivo alcanzado entre sindicatos e patronal nas últimas horas.

As dúas partes coinciden en sinalar que o documento consensuado recolle importantes melloras na parte social. A parte económica xa foi acordada e votada hai quince días. Así que, se os operarios ratifican este preacordo, o xoves firmaríase o novo convenio para os traballadores do transporte sanitario ata 2022. Tras dous meses de mobilizacións, a sinatura poñeríalle fin ao conflito.
 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/04/2019