CRTVG

Buscar

Asinan un convenio para mellorar a integración na paisaxe dos portos galegos

Publicado o 28/07/2021 16:33

A Xunta elaborará unha guía de boas prácticas para mellorar a integración paisaxística dos máis de 120 portos autonómicos.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, Enrique Urcola, asinaron en Porto do Son o convenio de colaboración para a redacción deste manual. Trátase dunha serie de recomendacións, incluído no Plan estratéxico da paisaxe galega 2021-2024.

Noticias web

28/07/2021