CRTVG

Buscar

Así volve a movida nocturna á área de Vigo

Publicado o 03/07/2020 14:02

Preto de 140 afortunados, un 60% da capacidade, poderán volver a un dos templos musicais da noite de Vigo. Os seus responsables abren con mesas marcando a separación e agardando que a xente estea sobre todo sentada.

Ata o sábado terán que agardar os clientes dunha coñecida discoteca de Mos poderán xa gozar da súa música e da súa pista ao 50% desde esa noite. Segundo o propietario do local, farano con bastante seguridade, xa que dispoñen dunha máquina de desinfección do aire, moi similar á que se usa nos quirófanos.

Malia todo, semella que os locais non terán que facer un gran esforzo para controlar a cabida, xa que moita xente vai atrasar as súas saídas nocturnas. Bailar si se pode, pero doutro xeito. A pasada noite xa abriron moitos locais nocturnos do Salnés.

Noticias web

03/07/2020