Así vén o calendario laboral de 2021: ata con dúas grandes pontes festivas

O ano vai acabando e toca planificar o seguinte! Xa son definitivos os festivos para 2021, que trae ata dúas grandes pontes:
· Unha arredor do 12 de outubro, que cadra en martes, polo que se poden empatar catro días
· A outra aproveitando a Constitución (6 de decembro) e a Inmaculada (8 de decembro), que cadran en luns e mércores, polo que se poden encadear ata cinco días de descanso.
Aquí en Galicia, podemos coller tres días seguidos tendo en conta que:
· O 19 de marzo cadra en venres
· O 17 de maio coincide en luns
· O 1 de novembro é luns tamén
A Semana Santa de 2021 permite ata catro días de descanso consecutivos: o ano que vén é desde o día 1 de abril (Xoves Santo) ata o 4, domingo de Resurrección.
E recorda! A estes festivos hai que sumarlles aínda os dous que elixe o teu concello.