Así traballan os canteiros da catedral de Santiago
Publicado o 10/02/2021 21:33
"O noso traballo consiste en que non se vexa o que fixemos". Así falan os canteiros da catedral de Santiago.
José Miranda e Julio Bermúdez empregan pedra de Lalín e de Lugo. Veñen dunha pequena empresa de Dumbría. Contan que unha casualidade os levou hai oito meses a participar na restauración do templo en diversos puntos. Atopámolos arriba, ocupados na tribuna, onde durmían os peregrinos do medievo, cando a catedral non pechaba de noite.
"Para nós isto é como xogar a Champions League". Quítannos da boca a palabra orgullo. Van moitas horas de traballo dende os tempos do Mestre Mateo ata estes canteiros, que piden máis canteiros para que o seu oficio teña futuro.