CRTVG

Buscar

Unha mestra galega na Bretaña francesa explica como están a desenvolver o curso e a relación cos nenos

Publicado o 13/04/2020 12:20

Beatriz Graña é profesora galega na Bretaña francesa, nunha poboación chamada Brech: "Esta provincia en que vivimos foi un dos primeiros focos e das primeiras onde nos confinamos. Fixémolo 15 días antes ca o resto de Francia".

"Tanto eu como o meu home estamos teletraballando desde a casa. A primeira fase do teletraballo foi un pouco duro, porque todo se puxo a funcionar dunha maneira radical. Tivemos que mudar todas as secuencias pedagóxicas e as primeiras semanas foron un pouco intensas".

"Mantivemos moita comunicación cos nenos. Algúns deles non entendían, outros non tiñan as ferramentas dixitais... e daquela quedaron un pouco descolgados. Tamén mantemos moita comunicación coas familias por teléfono. Nas últimas semanas xa fomos collendo un pouco de ritmo e as cousas avanzan de forma máis sinxela".

Noticias web

13/04/2020