CRTVG

Buscar

Así son os controis de mobilidade no Carballiño, O Irixo e Boborás

Publicado o 15/10/2020 14:27

Despois de case un mes de repunta, os casos activos tamén descenden por fin na área sanitaria de Ourense. Dentro dos esforzos e medidas adoptadas para conter o avance do virus, desde hoxe hai restricións de mobilidade no Carballiño, O Irixo e Boborás.

Asistimos a un dos controis. A Policía Local do Carballiño recórdanos que entre os concellos de Carballiño, O Irixo e Boborás sí que é posible moverse. Fóra só se é por causa xustificada e a poder ser acreditada. 

Trátimes administrativos inaprazables, coidado de maiores, traballo..., son algúns dos motivos polos que se pode saír ou entrar desta zona. Importante non esquecer o xustificante.

Xunto coa limitación de mobilidade os concellos do Irixo e Boborás entraron ademáis en nivel 3, coas mesmas medidas que se aplican xa no Carballiño, onde se rexistran 2 casos menos ca onte.

Antonio Ferradás,  carniceiro no Irixo, dinos que a maioría da xente co medo que ten xa non sae da casa. "Estanos afectando bastante. Ademais da maior parte da hostalería, está todo pechado".

Medidas que xa se aplican en Ourense e Barbadás dende hai unha semana e que xa comezan a dar resultados. Na capital rexistraron hoxe 21 contaxiados menos. Tamén en toda a área sanitaria por primeria vez nun mes a cifra de casos activos baixou, 13 menos ca onte, ainda que medran os hospitalizados.

 

Noticias web

15/10/2020