CRTVG

Buscar

Así serán as cabalgatas de Reis; os magos non deixan de chegar por causa da covid

Publicado o 20/11/2020 14:52

Tan máxicos son que conseguirán atravesar medio mundo en pandemia. En Santiago, os Magos visitarán o Hospital Clínico e recibirán as familias con cita previa.

Vigo pasará da cabalgata tradicional á estática nun tramo da avenida de Castelao que se pechará ao tráfico para que disten 6 metros entre as carrozas e o público, que terá que seguir un circuíto establecido.

Será a única cabalgata do municipio, pero as lambonadas, tamén con protocolo covid, están garantidas.

Noticias web

20/11/2020