CRTVG

Buscar

Así será este ano a cabalgata de Reis nas distintas cidades galegas

Publicado o 03/01/2021 14:50

A maioría dos concellos galegos xa están preparados para a visita máis importante desta semana: a dos Reis Magos. A covid-19 obriga a que as celebracións con eles sexa segura e diferente.  

A chegada dos tres de Oriente está organizada con total seguridade para o momento máis agardado.

Hai distintas opcións para manter a tradición. Desde a conexión en liña con Melchor, Gaspar e Baltasar que porán en marcha en Ferrol, pasando polo bus no que montarán en Boiro para facer logo videochamadas individuais, ata a dos máis madrugadores en Ames, que xa reciben nos pavillóns de Bertamiráns ou O Milladoiro.

En Ourense, a recepción será no Auditorio e en Lugo na Horta do Seminario pola mañá e en Augas Férreas pola tarde. En Vigo hai que resevar para unha Cabalgata estática, sempre ben iluminada.

Por Pontevedra, haberá un comitiva cos magos que dará voltas por rúas e parroquias desde pola mañá. Algo que tamén acontecerá na Coruña.

En Lalín e Cambados, en tren turístico, aínda que nesta última enviarán mensaxes personalizadas por whatsapp.

Noticias web

03/01/2021