CRTVG

Buscar

Así vai ser a desescalada no mundo do deporte

Publicado o 29/04/2020 16:13

• Dende o luns catro de maio, poden iniciar os adestramentos a nivel básico os equipos das ligas profesionais

A desescalada en términos deportivos será coma unha carreira ciclista, coas súas metas voantes e as súas bonificacións a medida que se vaia cumprindo o obxectivo de deixar ao virus abeirado na cuneta. 

Para a práctica deportiva as catro fases de volta á normalidade comezan este sábado, dous de maio, cando quedará permitido o exercicio físico individual de todos os cidadáns. Pero con advertencias significativas.

Dende o luns catro de maio, poden iniciar os adestramentos a nivel básico os equipos das ligas profesionais. Isto é: abrir as súas cidades deportivas e campos de adestramento pero para preparación individual dos seus xogadores. Tamén dende o luns, adestramento solitario de calquera deportista federado. Será o momento entón da Fase 1.

Adestramento de tipo medio a partires do 11 de maio e no que se vai permitir aos xogadores exercitarse de maneira conxunta, mais en ningún caso aínda coa plantilla ao completo. Para chegar aí non hai data polo de agora, como tampouco para o comezo das competicións que quedan a expensas de como se faga de dura a escalada da pandemia.

Noticias web

29/04/2020