CRTVG

Buscar

O debate foi líder de audiencia nas redes sociais

Publicado o 30/06/2020 15:10

O debate supuxo un despregamento de medios humanos e técnicos sen precedentes nun programa deste tipo. Estivo marcado polas medidas de seguridade da covid-19. Foi líder de audiencia nas redes sociais onte en Galicia e o cancelo do debate, #DebateTVG, foi Trending Topic mundial durante dúas horas.

O debate tivo que adaptarse tecnicamente a estes tempos da covid-19. Para conseguir manter as distancias entre os aspirantes, situouse unha moderna pantalla led semicircular de máis de vinte metros que serviu de fondo, atrís iluminados, pantallas de tempos e dez cámaras activas. Tamén houbo moito esforzo nos medios humanos.

E, ollo, porque non foi o último debate. Mañá haberá oito máis cos candidatos provinciais. Serán ás dez da mañá.

 

Noticias web

30/06/2020