CRTVG

Buscar

Hai que extremar medidas de hixiene e desinfección para convivir cunha persoa infectada

Publicado o 25/03/2020 16:38

Unha gran parte dos infectados por coronavirus non están hospitalizados. En Galicia, 1.120 persoas pasan a enfermidade nas súas vivendas porque non teñen síntomas graves.

Emilio Páez. Médico internista no CHUS e do equipo COVID-19: "Os pacientes que pasan o coronavirus na casa só deberían ser persoas sas, que non teñan enfermidades crónicas".

Cómpre que os coidadores sexan menores de 70 anos e estean sans. O enfermo debería estar só nun cuarto, que se poida ventilar, e non saír del nin para comer. O ideal é que poida dispoñer dun baño para o seu uso exclusivo.

Emilio Páez, médico internista no CHUS e do equipo COVID-19: "Se non cabe a posibilidade de ter un baño propio para o enfermo, cómpre desinfectar con lixivia todo o baño e as superficies de uso común, igual que os utensilios de cociña. A roupa do paciente débese lavar a alta temperatura, sen mesturala coa dos demais membros da casa. Realmente son normas de sentido común".

Todos os habitantes da casa deben lavar as mans con frecuencia, aproximadamente durante un minuto, e manter a máxima distancia posible entre eles e co enfermo, para evitar contaxios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2020