CRTVG

Buscar

Así quedarían os concellos por niveis de restrición en Galicia cos últimos datos

Publicado o 23/02/2021 15:31

• A listaxe definitiva non se coñecerá ata a publicación do DOG

• Repasamos a nova normativa de mobilidade e as principais dúbidas

 

A Xunta anunciou onte o comezo da desescalada cunha relaxación das medidas, graduadas en función de tres niveis trazados segundo a incidencia acumulada dos concellos, que evoluciona positivamente, polo xeral, en Galicia.


Segundo os últimos datos do Sergas, habería variacións nos niveis respecto á situación de onte. Malpica de Bergantiños, Catoira ou Larouco poderían non estar no nivel 1 e, no caso contrario, Curtis podería entrar no grupo de concellos con máximas restricións, a falta dun peche claro por parte de Sanidade para concretar os datos de que día se terán en conta para asignar os niveis.

Segundo apuntan dende o Sanidade, a listaxe definitiva darase a coñecer de xeito oficial a través da publicación do DOG. Polo momento, os datos poderían facer oscilar algúns concellos entre niveis.

Cómpre sinalar que as áreas sanitaras da Coruña, Ferrol e Pontevedra forman grupos illados de nivel medio, independentemente das incidencias particulares de cada concello. Así pois, pechan perimetralmente (permitindo a mobilidade dentro da área) e aplícanse a todos os municipios destas as medidas do nivel 2 (laranxa).

O seguinte mapa está baseado nos novos datos do Sergas notificados hoxe para todos os niveis agás o máximo, para o que se manteñen os 17 anunciados polo presidente en comparecencia, destacados en vermello.