CRTVG

Buscar

Así quedaría o mapa de concellos con maior incidencia

Publicado o 29/11/2020 15:23

Se analizamos os datos facilitados polo Sergas podemos debuxar o mapa de concellos con maior incidencia.

Os que se ven en cor vermella son os municipios cunha incidencia superior a 250 casos. Algúns dos que presentan índices de risco extremo teñen pouca poboación e preocupan menos desde o punto de vista sanitario.

É o caso de Beariz e Irixoa, que roldan o milleiro de habitantes e encabezan a táboa de incidencia en Galicia. Este mapa tamén nos serve para visualizar que hai dúas áreas na que se agrupan concellos cunha incidencia alta: as áreas sanitarias de Vigo e Pontevedra, por unha banda, e a Costa da Morte, pola outra.

Noticias web

29/11/2020