CRTVG

Buscar

Así funcionan os aloxamentos de garda en Galicia

Publicado o 26/03/2020 15:43

Tal está o mundo que xa sorprende que haxa hoteis abertos. Están como de garda, igual ca este home, encargado agora de organizar en Galicia as solicitudes dos clientes.

"Estamos agora calibrando a demanda que hai para, en función da demanda que haxa, abrir máis ou menos hoteis".

Unha serie de hoteis para traballadores que en plena alarma están lonxe do fogar.

"Empresas coma Repsol, a refinería, coma Inditex, hai o caso de Navantia, que creo que ten nove coreanos en Ferrol, os maquinistas de Renfe, en Ourense Iberdrola cos parques eólicos, que tamén é algo de necesidade maior. E estamos esperando polo tema sanitario, porque cremos que haberá bastante xente que o vai necesitar".

Entramos nun deses hoteis abertos.

"Cremos que somos o único hotel aberto neste momento en Vigo".

E isto é o que nos atopamos dentro.

"Tripulacións, Renfe, cousas así. A Xunta díxonos de vender un terzo da capacidade e niso estamos actuando. Non encher o hotel implica menos movemento nos ascensores e os corredores, e máis distancia. A cafetería está pechada, se se serve algunha comida ou cea sérvese na propia habitación. O hotel está aberto, pero movemento non hai".

Hoteis pechados por alarma, hoteis abertos por alarma.

Noticias web

26/03/2020