CRTVG

Buscar

Así funciona un comedor escolar con 'catering' de liña quente

Publicado o 12/09/2019 16:55

Estamos en Compostela, no colexio Pío XII. Máis concretamente no comedor escolar. Este ano haberá preto de catrocentos nenos a comer e o equipo formado por case vinte persoas da ANPA prepárase para a primeira comida do curso.

"Aquí cómese pero non hai cociña. É un servizo de catering".

Antes tiñan catering de liña fría, agora teñen catering de liña quente. 

"É comida feita no día para consumir no día, entón repartímola cada día".

Mais non só reparten a propia comida, reparten tamén todo utensilio necesario no comedor.

E, por suposto, está o pan. A auga xa non a queren embotellada, posto que era un aumento enorme de plástico que reciclar, din.

E só falta a comida. Perfectamente etiquetada, por se as alerxias. Vén en colectores isotérmicos que gardan a temperatura, que non pode baixar dos 65 graos.

Iso no caso do prato quente. Toca cocido con patacas e repolo. Pero antes ensalada rusa, o prato frío.

"Non pode subir de catro graos. Entón estas temperaturas hai que mantelas ata o momento de servir".

Así funciona un comedor escolar con catering de liña quente. En Santiago, só dous colexios públicos manteñen a súa propia cociña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019