CRTVG

Buscar

Así foi o testemuño dunha xogadora do Baxi Ferrol, pasaxeira do polémico Madrid-Gran Canaria

Publicado o 12/05/2020 14:47

A que grava estas imaxes é Patricia Cabrera. Di que a súa sorpresa foi maiúscula ao observar que o avión en que viaxaba se ía enchendo sen respectar as distancias de seguridade.

Asegura que as explicacións que lles deron dende a liña aérea son escasas e pouco convincentes.

A Garda civil denunciou a situación e as asociacións de consumidores piden ás compañías que se respecten as normas de distanciamento social dentro das aeronaves.

Insisten en que os pasaxeiros afectados deben reclamar.

O Goberno obriga a que os voos entre illas, tanto en Canarias como en Baleares, viaxen ao 50% da súa ocupación. Dende a Unión de Consumidores de Galicia piden que este criteiro se aplique en todos os voos nacionais.

Noticias web

12/05/2020