CRTVG

Buscar

Así foi o primeiro día laborable con máscara obrigatoria

Publicado o 20/07/2020 16:12

Hoxe é o primeiro día laborable con máscara obrigatoria. A nova normativa dita que, haxa ou non haxa distancia de seguridade, hai que levala posta en todos os traballos. Pero non en todos os traballos está a ser igual a adaptación.  

Van alá xa tantos meses de pandemia e aínda parece que sempre vai chegar algo novo. É o primeiro día laborable coa obriga de levar a máscara posta en todo momento.

Habituarse á máscara, que non distingue traballos, obrigatoria mesmo traballando individualmente na rúa no servizo da ORA. Hai que facelo en interiores e en exteriores.

Antes parecía raro poñer a máscara, agora son máis ben escasos os momentos en que podemos quitala.

 

Noticias web

20/07/2020