Así foi a previa ao debate coa chegada dos candidatos

• 21.10 Os sete candidatos están xa no estudio 5 da TVG e reciben as últimas consignas dos seus asesores
#DebateTVG | Así estará situado cada candidato no plató
— G24 (@G24Noticias) June 29, 2020
https://t.co/HKJ0V6hI0y pic.twitter.com/yTtiNDib3y
• 20.35 Alberto Núñez Feijóo, candidato do PPdeG, chegou ás intalacións da CRTVG e na súa primeira intervención pediu que sexa un debate con respecto. "Agardo un debate respectuoso cos candidatos, con cidadáns e cos familiares das vítimas". Feijóo di que hai dúas opcións para Galicia: un multipartito ou un goberno dun partido maioritario que aplique o seu programa electoral dende o primeiro instante.
O candidato do PPdeG tamén salientou a experiencia coa que conta para afrontar a crise. "Poderei aplicar o meu programa, serei un presidente libre".
#DebateTVG | O último candidato en chegar á CRTVG é @FeijooGalicia, de @ppdegalicia:
— G24 (@G24Noticias) June 29, 2020
"Vai ser un debate respectuoso entre os candidatos, pero tamén entre os cidadáns"
"Espero e desexo que o debate sexa útil para os galegos"
https://t.co/Dle6jMi7bV pic.twitter.com/ClwnKSwbon
• 20.33 Pancho Casal, líder de Marea Galeguista, foi o penúltimo candidato en chegar ás instalacións da CRTVG, e dixo: "Veño con moita ilusión porque o 12 de xullo hai que lembrar que se elixe un parlamento, non un presidente, un parlamento que vai definir cal vai ser o futuro de Galicia con toda a reconstrución nesta nova normalidade. E unha das cousas que veño consequir é que Alcoa non peche".
"A realidade é que temos catro minutos por bloque en cousas que o señor Feijóo tivo catro meses nos telexornais da Televisión de Galicia", dicía Pancho Casal, en previsión do que agarda para o debate.
#DebateTVG | Así falou @panchocasal, de @MGaleguista, á súa chegada á CRTVG:
— G24 (@G24Noticias) June 29, 2020
"O 12 de xullo vaise decidir un Parlamento que vai definir o futuro de Galicia"
"Unha das cousas que veño conseguir é que Alcoa non se peche"
https://t.co/sVy3O3evEk pic.twitter.com/cKJZMLF7UL
• 20.30 Chega o candidato do PSdeG Gonzalo Caballero, candidato dos socialistas galegos. Na súa intervención previa dixo que "o Partido Socialista é un partido que sabe gobernar en concellos, en España, e o 12 de xullo xogamos o futuro que queremos. Xogamos unha Galicia de progreso fronte a unha Galicia cun proxecto esgotado. Xogamos unha Galicia liderada polo Partido Popular ou unha Galicia liderada polo Partido Socialista.
"E nós pensamos que nunha crise coma esta non é o mesmo que goberne a dereita á que goberne a esquerda. Necesitamos políticas progresistas para defender os servizos públicos, a sanidade pública, o estado do benestar, e tamén para facer unha nova política na reconstrución en que ninguén quede na cuneta", explicaba o candidato do PSdeG.
#DebateTVG | Á súa chegada á CRTVG, @G_Caballero_M do @PSdeG dixo:
— G24 (@G24Noticias) June 29, 2020
"Xogamos unha Galicia de progresos fronte a unha Galicia cun proxecto esgotado"
"Nunha crise coma esta non é o mesmo que goberne a dereita que que goberne a esquerda"
https://t.co/WfFv11EdbW pic.twitter.com/9ITRqEcM0J
• 20.21 Antón Gómez-Reino, candidato de Galicia en Común-Anova, chegou á CRTVG e as súas primeiras palabras foron para os traballadores de Alcoa que se manifestaban ás portas das instalacións da corporación dos mediso públicos galegos e dixo que "é imprescindible salvar os máis de cincocentos postos de traballo que hai en xogo agora mesmo na Mariña".
"É un pracer estar nesta casa. Tamén dicir que temos o compromiso de acabar co control político do Partido Popular na radiotelevisión pública de Galicia", dixo Gómez-Reino, quen dixo que "hoxe imos trasladar a nosa proposta de futuro para cambiar este país, e hoxe agardamos comezar a deixar atrás a Galicia do pasado e do Partido Popular".
#DebateTVG | Chega @AntonGomezReino de @EnComun_Gal ás instalacións da CRTVG:
— G24 (@G24Noticias) June 29, 2020
"É imprescindible salvar os máis de cincocentos postos de traballo de Alcoa San Cibrao."
"E hoxe esperamos deixar atrás a Galicia do PP."
https://t.co/EfmyfDj66V pic.twitter.com/vcfV9v6TyY
• 20.00 Ana Pontón, a candidata do BNG, chegou arredor das oito da tarde, e á súa chegada dixo que estaba "encantada de estar na casa de todos os galegos e galegas para que hoxe poidan ver cal é o contraste entre as opcións políticas e intentar ilusionar máis xente co cambio que cremos que representa o BNG".
"Cremos que este é un gran país, con moitas oportunidades, e nesta crise temos todo para poder saír adiante, enfrontando os problemas que temos", asegurou Ana Pontón, quen dixo que o debate "é a esencia da democracia, non entenderiamos unhas eleccións sen un debate, e agardamos que sirva a todas as persoas que teñen dúbidas, e desde o BNG intentaremos convencer máis galegos e galegas de que somos a alternativa real".
#DebateTVG | Así falou @anaponton de @obloque á súa chegada á TVG:
— G24 (@G24Noticias) June 29, 2020
"Queremos ilusionar a máis xente con ese cambio que representa o BNG, un cambio no que cremos que este país é un gran país e que temos moitísimas oportunidades"
https://t.co/4vwyHFl10Q pic.twitter.com/t9hqJVXlPR
• 19.52 Beatriz Pino, candidata de Ciudadanos, agradeceu á súa chegada á CRTVG, ás 19:50, "a posibilidade de falar directamente a todos os galegos para que coñezan as políticas que temos que propoñer, políticas laranxas que van ser fundamentais para poder reconstruír Galicia despois desta pandemia que estamos a vivir".
"Son políticas que van permitir que Galicia non siga varada catro anos máis, que van permitir que lle deamos futuro".
#DebateTVG | Chega ás instalacións da CRTVG a candidata @Beatriz_Pino_ de @CsGalicia :
— G24 (@G24Noticias) June 29, 2020
"Agradecemos á TVG a oportunidade de contar a todos os galegos as políticas que temos que mostrarlles, políticas laranxas e fundamentais para reconstruír a nosa terra"
https://t.co/CVuvjgmo9u pic.twitter.com/lSn3y0lrfo
• 19.37 O candidato de Vox pola provincia da Coruña, Ricardo Morado, chegaba ás instalacións da CRTVG. Á súa chegada fixo a primeira valoración do que agarda para este debate: "Asistimos ao debate coa intención de sorprender, esperando que trancorra por camiños democráticos e a tranquilidade que non estamos tendo nesta campaña electoral", asegurou Ricardo Morado.
O primeiro candidato en chegar é Ricardo Morado Fajardo de @vox_es:
— G24 (@G24Noticias) June 29, 2020
"Asistimos ao debate coa vontade de sorprender. Queremos que se desenvolva coa liberdade que non está habendo nesta campaña electoral"#DebateTVG pic.twitter.com/c6YH8X9caX