CRTVG

Buscar

A Revista

Así fabrican a Palma de Ouro que se entregará na próxima edición do Festival de Cannes

Publicado o 27/04/2018 13:04
Entre o 8 e o 19 de maio en Cannes celebran o seu prestixioso Festival Internacional de Cine. A cobizada Palma de Ouro que entregan ao filme gañador xa está lista. Estes días puidemos ver con que agarimo realizan este singular e prezado galardón.

O encargo recae nos experimentados xoieiros de Chopard. Precísanse polo menos 40 horas e 8 profesionais que se van engadindo a cada paso do proceso. Crean os moldes, púlenos, funden o ouro e unha vez abrinllantada e rematada, colocan a palma sobre o gran bloque de cristal que a sostén. Supervisouse con detalle, tamén, a procedencia e as condicións de extracción do ouro para manter os ideais que queren que represente este trofeo.

A Revista

27/04/2018