Así estaban os concellos galegos hai un mes
Publicado o 05/03/2021 12:54
• Compara a situación no teu concello daquela coa actual nos mapas

A terceira vaga, aínda que agora está remitindo, foi a máis dura das que levamos de pandemia. Agora a evolución é positiva, cunha tendencia nas hospitalizacións á baixa e cunha redución diario de casos activos.
Se botamos a vista atrás, o contraste entre situación vivida preto do pico da vaga coa actual é notable. E é que dende o 5 de febreiro, Galicia reduciu o número de casos en máis de 17.500.
Abonda con facer unha comparación entre as incidencias acumuladas a 14 días dos concellos do país hai un mes e agora.