CRTVG

Buscar

Así era o Nadal dos anos 70, inmortalizado na cámara de tres familias galegas

Publicado o 21/12/2020 14:32

Así eramos hai máis de corenta anos. Unha iniciativa do Museo online de Cine Autobiográfico e Café Candelas exhibe este dias en Santiago, Allariz, Lugo e Cangas o Nadal que tres familias inmortalizaron coas súas cámaras de Súper 8.

Son sete minutos para a emoción onde non faltan as luces, o marisco na mesa ou eses abrazos que tanto botamos de menos neste 2020.

Este museo, que leva xa 20.000 metros de memoria rescatados do esquecemento alerta da importancia de conservar eses documentos familiares que son patrimonio inmaterial.

Algo permanece intacto neses tempos, o asombro dos cativos na mañá do día de Reis.

 

Noticias web

21/12/2020