CRTVG

Buscar

Así é o traballo da Policía Local de Santiago en época de coronavirus

Publicado o 04/02/2021 13:57

A Policía Local de Santiago realiza controis rutineiros a diario en diferentes localizacións para comprobar que se respecta o peche perimetral. Unha medida que a cidadanía cumpre maioritariamente, aínda que xera dúbidas e situacións peculiares, como os que preguntan se poden ir a outro concello alimentar animais nunha leira ou se poden facer compras despois de acudir a unha cita médica noutro municipio.

Durante o ano pasado, a Policía Local compostelá tramitou 1.360 sancións por incumprir as medidas para frear a pandemia. No que levamos de ano impuxeron máis de 230, sobre todo por fumar na vía pública, non levar a máscara correctamente ou non respectar o toque de queda. Ante estas situacións, apostan tamén polo labor pedagóxico antes que o sancionador.

Moitas veces son os propios veciños os que actuan de 'policías de balcón' e avisan de infraccións. As sancións por incumprir as restriccións en vigor van dos 100 aos 600 euros.

Noticias web

04/02/2021