CRTVG

Buscar

Así queda o mapa de restricións a partir deste sábado 7 de agosto en Galicia

Publicado o 06/08/2021 22:50

• Nivel máximo para Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo | As sete grandes cidades galegas mantéñense no nivel alto | Consulta aquí a situación do teu concello

 

Así queda o mapa de restricións a partir deste sábado 7 de agosto en Galicia

Dende a medianoite hai cambios no mapa de restricións en Galicia. Nove concellos sitúanse no nivel máximo de restricións fronte á covid. Son Muros, Meaño, O Grove, Sanxenxo, Baiona, Burela, Foz, Viveiro e Monterroso. Así mesmo, as sete cidades galegas mantéñense no nivel alto.

En todos os concellos situados nos niveis de restricións máis elevados, máximo e alto, será preciso ensinar o certificado de vacinación ou unha proba negativa para entrar dentro dos locais de hostalería. 

 

Concellos no nivel máximo

Este nivel decrétase para os seguintes concellos: Sanxenxo, Meaño, Baiona, O Grove, Muros, Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.

No caso da hostalaría permítese unha ocupación do 30 % no interior, con certificación covid e do 50 % das terrazas. 

Nivel alto de restricións

As restricións deste nivel aféctanlles aos seguintes municipios: Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño, Tui, Xove e Palas de Rei.

Hostalaría limitada ao 50 % no interior (con pauta completa ou proba negativa) e 50 % no exterior. Os locais pecharán á 1 da madrugada. Permítese o ocio nocturno en terraza, iso si, sentado e para consumo en mesa. Ademais a capacidade será do 50 %.

Ao igual que no nivel máximo, prohíbense as reunións na rúa entre a 1 e as 6 da madrugada entre persoas non conviventes.

Nivel medio

Atópanse neste nivel Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes,  Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo,  Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos.

E que implica? Hostalaría ao 50 % no interior (sen certificado covid) e ao 50 % nas terrazas. A hora de peche será a mesma ca nos outros niveis, á 1. 

No ocio nocturno, ocupación do 50 % no interior e do 100 % no exterior, ata as 3 da mañá, con proba negativa de covid ou certificado de vacinación ou ter pasado a enfermidade.

Prohíbense as reunións de non conviventes de 3 a 6 da madrugada.

Nivel medio baixo

Preto de 190 concellos réxense polas restricións deste nivel, o máis baixo. As medidas son iguais ás dos municipios do nivel medio agás pola ocupación nas terrazas. Poden estar ocupadas ao completo, tanto na hostalaría coma no ocio nocturno.