CRTVG

Buscar

Así analizan os aneis de Santo Estevo

Publicado o 14/12/2020 21:55

Se a lenda di que estes aneis son milagreiros, talvez poderiamos dicir que isto é a radiografía dun milagre.

"Non, iso non está no noso campo de traballo".

Traballa nun equipo de 15 persoas de varios países que investigan tesouros medievais. Lois e a directora acaban de botar unha xornada na catedral de Ourense analizando as pezas.

"Os aneis son sen dúbida algunha medievais. Outra cousa é precisar a súa cronoloxía".

Perdidos durante séculos, agora foron pousados neste aparello de fluorescencia de raios X que descobre a súa composición.

"Podemos dicir que os catro aneis son de prata, pero algún ten unha capa superficial dourada".

Lois tomaba notas dos primeiros datos na catedral, e continúa tirando conclusións no seu despacho.

O que axudaría a entender por onde se movían os obxectos de prestixio, coma os aneis dos nove bispos de Santo Estevo.

"Non é descartable que un deles fose dunha muller".

Calculan que para xaneiro empezarán esta segunda fase do proxecto de aproximación científica aos aneis milagreiros.

Noticias web

14/12/2020