CRTVG

Buscar

Aséntase o gusto polo turrón artesán galego

Publicado o 09/12/2019 16:10

Os consumidores actuais, por esta datas, queren e buscan tradición e sabor fóra do supermercado. Para iso, achéganse ás pequenas tendas especializadas, as de barrio de toda a vida, que ofertan o mellor dos produtos artesanais galegos, como os modernos turróns de gustos moi nosos desde licor de herbas ata amendoado. Non importa pagar un pouco máis e, por se acaso, xa o compran a dúas semanas do Nadal. 

A vella tenda de cafés de La Tropical, aberta en 1934 por dúas cubanas na zona vella de Ourense, mudou hai uns anos no escaparate das delicias artesás do obradoiro allaricense de Fina Rei, onde nos recibe a riseiro Ángeles, a alma máter do local onde podemos encontrar unha gran variedade de doces para estas festas. De feito, a fin de semana vendeu tanto turrón, sobre todo, que apenas lle queda unha barra de cada un dos seis sabores que fabrican.

Non dan feito entre vendas directas e arranxos de cestas. Pero non todo o mundo é tan organizado, é a maior parte da clientela deixa as compras dos doces para o último momento.

"Durante o ano non nos queixamos pero o Nadal é especial. Aquí se leva moito para regalo, hai que facelo bonito". "Os dous días anteriores de Noiteba é cando máis se vende".

Desde que colocan o escaparate de Nadal, Ángeles ten unha axudante porque a trasfega este mes nesta pequena tenda é un non parar, doce pero intenso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/12/2019