CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Asemblea Estatal das Marchas da Diginidade en Cangas

Publicado o 17/01/2015 14:49
A Asemblea Estatal das marchas pola dignidade escolleu o concello de Cangas para preparar a axenda de movilizacións previstas para este 2015. Esta asemblea, que por primeira vez se celebra en Galicia, realizouse no salón de plenos do concello. Asistiron máis de 60 representantes das distintas organizacións e territorios de toda España. A xuntanza, na que se deixará configurada a axenda de movilizacións deste ano, comezou esta mañá e continuará pola tarde. Entre as principais novidades xa está prevista unha marcha a Madrid o 21 de marzo e unha folga xeral o 22 de outubro.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí