CRTVG

Buscar

Ascenden a tres os mortos no incendio dunha vivenda na localidade de Vejer, en Cádiz

Publicado o 17/07/2017 08:55

Os falecidos son unha pequena de 5 anos, o seu pai e un amigo da familia. A nai e o fillo, de 9 anos, están feridos de gravidade

Ascenden a tres os mortos no incendio dunha vivenda na localidade de Vejer, en Cádiz. Os falecidos son unha pequena de 5 anos, o seu pai e un amigo da familia. A nai e o fillo, de 9 anos, están feridos de gravidade.

A nena estaba ingresada no hospital Puerta del Mar, en estado crítico. Morreu o día en que cumpriría cinco anos. Estaba xunto con toda a familia na súa casa de verán en El Palmar, na gaditana Vejer de la Frontera. Habitualmente a familia vivía na Algaba, en Sevilla. 

Na madrugada do sábado, segundo a investigación por causa dunha candea sobre unha mesa de plástico, as vigas do soportal arderon e propagaron as lapas ata o interior. Foron os veciños da casa contigua os que alertaron os servizos de emerxencias.  

O pai tentou salvar a filla e debido ao fume os dous quedaron inconscientes. Primeiro morreu o pai de 45 anos e despois a filla. Horas máis tarde, faleceu o amigo da familia, de 40 anos, que pasaba a noite con eles.

Continúan hospitalizados a nai, de 43 anos, e o outro fillo do matrimonio, de 9 . A nai está moi grave na unidade de queimados do Hospital Virgen del Rocío de Sevilla. O pequeno ten mellor prognóstico. Queimou o 65% do corpo cando saltou por unha fiestra da casa en lapas.   

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2017