CRTVG

Buscar

Soben a nove os falecidos polo derrubamento de parte dun edificio en Miami

Publicado o 27/06/2021 18:25
Soben a nove os falecidos polo derrubamento de parte dun edificio en Miami

Xa son nove as persoas falecidas tras o derrubamento de parte dun edificio en Miami, segundo informaron as autoridades este domingo. Entrementres, continúan os labores de rescate, pois a cifra de desaparecidos supera os 150.

Un informe coñecido nas últimas horas indica que unha firma de enxeñeiros detectou en 2018 un dano estrutural "importante" no edificio e recomendou facer reparacións. As autoridades de Miami ordenaron realizar unha inspección en todos os edificios que, o mesmo que o Champlain Towers, teñan máis de 40 anos de antigüidade e estean na liña de costa.

 

Noticias web

27/06/2021