CRTVG

Buscar

Ascende a 56 o número de persoas hospitalizadas polo andazo de listeriose en Andalucía

Publicado o 19/08/2019 14:07
Ascende a 56 o número de persoas hospitalizadas polo andazo de listeriose en Andalucía

Xa son 56 as persoas hospitalizadas polo brote de listeriose detectado en Andalucía, e segundo o goberno autonómico haberá aínda máis casos porque esta enfermidade pode tardar máis dun mes en dar síntomas.

O andazo ten a súa orixe nesta carne procesada por unha firma de Sevilla, precisamente a provincia onde hai máis persoas afectadas, aíndas que tamén hai casos en Cádiz, Huelva, Málaga e Granada. Ademais, 15 mulleres embarazadas están sometidas a seguimento especial debido ao maior risco que teñen.

En total hai 80 afectados. Desde a asociación de consumidores Facua solicitan que se decrete a alerta sanitaria en toda España.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019