CRTVG

Buscar

Ascende a 16 o número de mortos na vaga de incendios en Australia

Publicado o 01/01/2020 15:37

Un camión dos bombeiros de Nueva Gales do Sur se adentra no incendio que rodea a cidade de Nowra.

Nun momento dado, as lapas achéganse tanto ao vehículo que os seus ocupantes colocan as alfombras nas ventás para evitar que o lume atravese o coche.

A loita incesante de tres mil bombeiros contra o lume continúa no país, que vive a peor ola de incendios da década que xa arrasaron cinco millóns de hectáreas desde novembro. Tralo paso das lapas, as imaxes aéreas evidencian a destrucción.

Dos 120 focos de lume activos, preto de setenta siguen fóra de control. Os máis virulentos no sureste do país.

As autoridades informaban nas últimas horas da morte dunha terceira persoa...

Co que serían xa 16 as vítimas mortais por esta vaga de incendios que converteu o aire de Sidney nun dos máis contaminados do mundo.

A situación agravábase onte. 4.000 persoas quedaron atrapadas no balneario do pequeno municipio turístico de Mallacoota e refuxiáronse nas praias. As autoridades sopesan evacuar por mar algunhas comunidades afectadas polo lume.
 

Noticias web

01/01/2020