CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Ascende a 100 hectáreas a superficie afectada no incendio de Vilardevós

Publicado o 22/09/2013 21:21


Continúa estabilizado o incendio forestal que comezou onte á noite na fronteira portuguesa e que se espallou ao concello ourensán de Vilardevós.

Segundo datos provisionais da Consellería de Medio Rural, son 80 as hectáreas arrasadas na parroquia de Vilarello de Cota. O traballo das brigadas de extinción impediu que o lume chegase ás vivendas e aos terreos cultivados. Con todo, os veciños da zona lamentan a perda de fragas de carballos que quedaron calcinadas.

No resto da provincia de Ourense permanece activo un incendio na Mezquita, que polo momento leva queimado 20 hectáreas, e está extinguido o do municipio de Vilariño de Conso.

No concello coruñés de Porto do Son, logrouse controlar o incendio que comezou hoxe na parroquia de Ribasieira e dáse por extinguido o da zona de Caamaño.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí