CRTVG

Buscar

Asasinan unha muller embarazada de seis meses

Publicado o 12/06/2019 08:14

A muller asasinada en Xátiva era de nacionalidade romanesa, tiña 36 anos e estaba embarazada de seis meses.
O seu compañeiro sentimental, nacido en España, foi quen deu aviso de que atopara o cadáver na vivenda que compartían, cara ás catro da tarde, ao saír de traballar. A vítima estaba na cama, espida e con feridas mortais no pescozo.
El estivo presente toda a tarde no domicilio, mentres os axentes buscaban probas e inspeccionaban o lugar do crime. Fontes municipais aseguran que non hai constancia de denuncias por malos tratos. O alcalde dixo que declararán un día de loito oficial. O xulgado de garda ordenou o levantamento do cadáver case catro horas despois do achado. A Policía Nacional investiga os feitos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019