CRTVG

Buscar

Asasinan unha moza nun bar de Barcelona

Publicado o 22/05/2019 07:52

Asasinan unha menor, unha moza de 17 anos, nun bar do barrio barcelonés do Eixample. O ocorrido é complicado e, de feito, houbo unha gran confusión inicial. Parece ser que a moza discutía pola rúa súa coa súa parella e entrou no bar. Pouco despois, o mozo, de 20 anos, comezou a berrar e a pedir auxilio porque atacaran a rapaza. O propietario da cafetería, un home de 32 anos, saíu do lugar en bicicleta. Os Mossos chegaron ao local e atoparon a rapaza morta, tendida no chan, acoitelada. O dono da cafetería foi arrestado pouco despois. Cando o detiveron estaba ensanguentado e en estado de shock.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019