CRTVG

Buscar

Asasinada unha muller en Valladolid polo seu marido, que foi detido

Publicado o 13/04/2020 21:47

Vírona pendurada da ventá e puxeron colchóns na rúa para intentar salvala. Pero non o conseguiron. En Valladolid unha muller precipitouse dende un terceiro piso. O home, o único que estaba na casa con ela, está detido por un suposto caso de violencia machista.

Ocorreu de madrugada despois dunha discusión moi forte entre a parella. Os berros despertaron os veciños, e os que saíron á rúa viron a muller pendurada dunha ventá. Os indicios apuntan a que o home a empurrou pola fiestra. Os veciños foron buscar colchóns para intentar salvala. Pero non o conseguiron. Agora el está preso por un posible homicidio. E este martes declara ante o xuíz.

A parella vivía soa e non había denuncias previas de malos tratos. De confirmarse que se trata dun novo crime machista, esta muller de Valladolid sería a décimo novena vítima da violencia de xénero no que vai de ano en España. Serían tres dende que comezou o confinamento.