CRTVG

Buscar

A Garda Civil busca en Catoira un home relacionado coa vaga de roubos nas casas

Publicado o 14/02/2019 13:04

Os axentes chamaron á porta das casas, preguntaron en bares e abordaron a veciños que paseaban pola rúa para saber se viran un mozo que vestía pantalón militar e que, presuntamente, estaría relacionado cos asaltos ás vivendas. Trátase dun home que foi visto vixiando algunha casa, segundo detallaron os propios axentes aos veciños, aos que interpelaron para tratar de dar co paradoiro dese individuo.

Algúns veciños afirman que de madrugada oíron voces de persoas que falaban un idioma estranxeiro e que no momento en que se deron conta de que estaban a ser observados cubríronse o rostro con pasamontañas e abandonaron o lugar.

Os veciños falan xa dunha vaga de roubos e dan conta de, polo menos, sete vivendas que foron desvalixadas cando os seus propietarios estaban fóra. A forma de proceder do autor, ou autores é sempre a mesma. Baleiran os caixóns e armarios, tiran todo ao chan e revolven o que sexa necesario nos cuartos, salóns e cociñas en busca de xoias, diñeiro ou calquera outro obxecto de valor. Insisten en que "os ladróns non teñen problema en actuar a plena luz do día, nin tampouco en facelo no centro da vila.

Noticias web

14/02/2019