Asalto a un estanco do Vicedo cun botín de 5.000 euros
Publicado o 21/05/2019 14:59
Novo asalto a un estanco na Mariña, nesta ocasión foi no Vicedo e os ladróns lograron facerse cun botín de 5.000 euros.
O roubo prodúcese cinco días despois do cometido nun estanco en Xove do que levaran 9.000 euros en mercadoría. Neste último, os ladróns tamén actuaron de madrugada e aínda que soou a alarma do establecemento cando chegaron alí os donos e a Garda Civil o único rastro que había dos ladróns era a maza coa que rebentaron os cristais da porta de entrada e unha lanterna.
A Garda Civil xa abriu unha investigación.