Asaltan á man armada unha farmacia da Coruña e foxen cos cartos da caixa
Publicado o 05/02/2019 14:23
Asalto á man armada na Coruña. O atracador da farmacia de Elviña levou os billetes da caixa.
Un individuo atraca unha farmacia na Coruña e foxe cos billetes da caixa. A Policía Nacional investiga o sucedido hai case vinte e catro horas nesta farmacia do barrio coruñés de Elviña.
Segundo a información oficial, un home ameazou a persoa que atendía a botica onte á tarde cunha arma para que lle dese os cartos do negocio. Está por determinar se a pistola era de fogo real ou de simulación.
Os donos non precisaron canto diñeiro levou o atracador, que só quixo os billetes da caixa e axiña fuxiu co botín.