Cinco individuos armados asaltan unha vivenda de Muros e reteñen durante hora e media a familia
Un episodio de auténtico terror é o que viviu esta familia, propietaria dun negocio de hostalaría en Muros. O xoves pasado á tarde estaban na casa familiar de Torea a nai do empresario, a muller, a filla e os dous netos, unha nena de nove anos e o seu irmán de seis. Eran aproximadamente as oito da tarde cando un total de cinco individuos armados coa cara cuberta irromperon na vivenda. Irene Mallo, a filla do hostaleiro, explica que un individuo abordouna cando ela estaba no primeiro andar da vivenda e tras arrebatarlle o móbil e apuntala cun arma mandouna baixar co resto da familia.
Metéronos a todos nun dos cuartos e alí mantivéronos retidos mentres os presionaban para dar con cartos e xoias. A enteireza da pequena de nove anos puido contribuír a que non houbera danos maiores. Foi a nena a que lles dixo que ela os levaría a onde había cartos na casa.
Hora e media de pesadelo tivéronos como reféns mentres levantaban toda a casa para buscar cartos. Iso foi o de menos, din as vítimas. A avoa sufriu unha anxina de peito da que se recupera no hospital, e o que máis lles preocupa agora son as secuelas psicolóxicas, sobre todo dos cativos, porque non poden durmir e teñen medo de volver á casa.
A Policía Xudicial da Garda Civil investiga os feitos.