CRTVG

Buscar

Asaltan unha vivenda en Entrimo e levan electrodomésticos e útiles por valor de 60.000 euros

Publicado o 19/02/2019 17:36

Asaltan unha segunda vivenda, propiedade dun emigrante de Entrimo, e levan electrodomésticos, tecnoloxía, armas e outros útiles por valor de 60.000 euros. Foi a familia que lle atende a casa a que descubriu o roubo.

Foi a familia de Lantemil que lle atende a casa ao propietario, un emigrante de Entrimo en Andorra, a que se decatou do roubo.

En total 5 televisores, un lavavaixelas novo, dúas escopetas, cubas, un alambique... E ata o cubo da roupa sucia. Artigos de decoración, electrodomésticos e outros útiles que o propietario da vivenda valora en 60.000 mil euros.

Como os asaltantes tiñan chaves, sospeitan que viñeron dende o 12 de xaneiro e ata o 8 de febreiro varias noites cargar o botín.

 

Noticias web

19/02/2019