CRTVG

Buscar

Asaltan unha tenda de telefonía en Lugo e levan un botín por valor duns 30.000 euros

Publicado o 31/01/2020 13:44

Un negocio de telefonía móbil de Lugo sufriu o asalto dunha banda de ladróns encapuchados

Esta mañá dous operarios arranxaban a persiana metálica que os ladróns rebentaron para poder entrar neste negocio de telefonía móbil de venda en liña. Como quedou rexistrado nas cámaras de vixilancia do establecemento, os ladróns eran unha banda de sete que actuaron coa cara tapada. O asalto foi rápido e violento, xa que logo de rebentar a persiana metálica forzaron a pechadura da porta principal. Todo apunta a que é obra dunha banda organizada itinerante.

Manuel Arias. Voceiro da Policía Nacional: "Nas imaxes podese ver a seis individuos totalmente tapados, a cara e as mans. Marchan nun par de vehículos do lugar. A primeira hipótese de investigación, ainda que non a única, é que se trata dunha banda itinerante"

É o roubo de maior contía rexistrado na cidade nos últimos meses. Os ladróns conseguiron ata 50 terminais e unha importante suma de cartos en metálico. AÍnda non se fixo unha valoración pero todo apunta a que superará os 30.000 euros.

Manuel Arias. Voceiro da Policía Nacional: "Levaron aproximadamente uns 60 móviles, uns 3000 euros en metálico, máis os danos que provocaron. A valoración dos móviles tena que facer os propietarios, pero superaban os 50"

Non foi o único roubo rexistrado na cidade nas últimas horas. Volveron a asaltar dúas casas desta urbanización, aproveitando a ausencia dos propietarios. Nos dous casos os ladróns coáronse por unha ventá, e tras remexer todo levaron os cartos e as xoias que atoparon.

Manuel Arias. Voceiro da Policía Nacional: "En ambas casas entraron por unhas ventás laterais, temos coñecemento do caso , cando os propietarios volveron a casa e viron todo remexido e que lles levaran varias pertenzas"

Nos dous casos o botín é elevado, pero de momento está sen cuantificar.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/01/2020