CRTVG

Buscar

Asaltan unha sucursal bancaria en Lobeira apuntando cunha pistola e rouban 5.000 euros

Publicado o 04/01/2019 19:18

Atracan apuntando cunha pistola unha sucursal bancaria en Lobeira. A Garda Civil, que investiga o caso, busca un home de mediana idade. Ao parecer o home entrou na sucursal arredor da unha do mediodía coa cara tapada cunha máscara e a punta de pistola pediulle á empregada os cartos do caixón.

A muller levaba moi pouco tempo na oficina e, segundo declarou, pasou momentos de moita tensión. Deulle os cartos. O ladrón fíxose cun botín duns 5 mil euros, despois saíu, aseguran as testemuñas, tan tranquilo camiñando.

Varias patrullas da Garda Civil desprazáronse rapidamente ata o lugar para buscar pegadas e dar co autor do roubo. Trátase dunha zona complicada xunto á OU-540 e con tres fronterias coas que cruzar a Portugal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019