CRTVG

Buscar

Asaltan unha empresa en Culleredo polo método do burato

Publicado o 14/07/2020 15:04

Desde un edificio do Burgo os ladróns accederon ao interior dunha empresa de construción. Conseguírono, supostamente, logo de facer un burato na parede do cuarto dos contadores.

Perforaron o tabique a unha altura duns 60 ou 90 centímetros e deron a unha porta onde había unha caldeira. Xa dentro, como estaba a alarma inhibida, "traballaron con certa relaxación", dinnos na empresa.

Pero o certo é que dentro estaban a causar importantes estragos. "Accederon sobre todo á parte administrativa e os danos máis graves fixéronos no despacho do xerente", explica un administrativo da empresa asaltada.

Nese despacho intentaron conseguir a caixa forte, pero non foron quen porque está ancorada ao chan. Finalmente lograron fuxir cun botín de 1.500 euros.

A Policía Xudicial da Garda Civil xa colleu pegadas e agora encárgase da investigación para poder dar co paradoiro dos ladróns.


 

Noticias web

14/07/2020