CRTVG

Buscar

Asaltan unha casa en Taboadela e levan seis mil euros

Publicado o 03/02/2020 14:35

A Garda Civil investiga o roubo acontecido nunha vivenda do concello ourensán de Taboadela. Os ladróns aproveitaron a saída do propietario durante a noite para forzar unha das fiestras do primeiro andar, revolver varios cuartos e levar seis mil euros en efectivo que gardaba nunha caixa.

A Garda Civil sospeita que o roubo non foi casual e que os ladróns tiñan vixiada a casa para controlar os horarios e os movementos do propietario. Polo momento non hai detencións relacionadas con este caso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/02/2020