CRTVG

Buscar

Asaltan unha carpintería en Padrenda entrando polo sistema de ventilación

Publicado o 03/01/2020 13:55

A Garda Civil investiga o roubo acontecido nunha carpintería de Padrenda. Os ladróns accederon ao seu interior de noite a través do sistema de ventilación e levaron diversa maquinaria de traballo valorada en seis mil euros. Os propietarios sospeitan que podería destinarse á súa venta como material de segunda man.

 

Elías tenta sacar adiante o traballo pendente na súa carpintaría de Freáns, no concello de Padrenda. Só pode facer unha parte das tarefas xa que os ladróns leváronlle boa parte das ferrramentas que precisa para a instalación dos mobles que fabrica. Entraron a nave rebentando o conducto de ventilación nunha das paredes.

A tan só cinco quilometros pode cruzarse a Portugal. A proximidade co país veciño fainos pensar que o roubado podería venderse alí como ferramenta de segunda man. Dí que os ladróns escolleron cada unha das pezas desbotando as máis vellas ou estropeadas.

Coidan que os ladróns precisaron polo menos dous coches ou unha furgoneta grande para levar toda a maquinaria roubada, valorada nuns seis mil euros. A eso hai que engadirlle os desperfectos provocados na parede da nave para poder entrar. O peor din é que non poderán rematar o traballo pendente ata que volvan mercar nova ferramenta.

Noticias web

03/01/2020