CRTVG

Buscar

Asaltan unha cafetería de Santiago por segunda vez en menos dun mes

Publicado o 26/11/2019 12:11

Os golpes cun pico para escachar o cristal da cafetería puxeron en alerta un veciño do edificio. Foi a noite do domingo ao luns, contra as dúas da mañá, cando chamou a policía. A patrulla policial chegou en dez minutos, pero os ladróns xa fuxiran coa máquina de tabaco, que sacaron do local polo burato da cristaleira.

A policía levou o pico para tratar de identificar os delincuentes. A máquina atopárona desvalixada na zona de Conxo horas despois. As empregadas da cafetería descoñecen os cartos que había na expendedora de tabaco. Supoñen que bastantes, porque había dúas semanas que fixeran a recadación por última vez.

Este roubo do luns é o quinto que sofren neste negocio. Noutras ocasións roubáronlles a recadación da comecartos. No que vai deste ano é o terceiro asalto, o segundo en menos dun mes.

Noticias web

26/11/2019